Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso público aberto e trámite de urxencia, para a contratación das obras da sede do Centro Tecnolóxico do Mar, dependente da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no DOG nº 220, do 14 de novembro de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 15.255, no punto 8 a), onde di: «... rematará ás catorce horas do décimo día...», debe dicir: «... rematará ás catorce horas do decimoterceiro día...».