Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 201/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a infor

mación pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 276 m de lonxitude, coa orixe en apoio nº 2 da liña que alimenta o C.T. que A Barciela e final en C.T. O Casal-Tras Vea, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV no Casal-Tras Vea do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 600 m de lonxitude, co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona do Casal, no termo municipal de Santiago de Compostela. (Expediente 201/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados, dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas, que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 16 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 201/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. O Casal-Tras VeaTermo municipal: Santiago de Compostela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1SenraLaborAlejandro Castro IglesiasEstrada Larrasquitu, 9, 1º C

48002 Bilbao

36360

2SenraLaborFernando Castro RíosCarballas-Quintáns

15884 Santiago de Compostela

10100

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3MuxicosPradoAlejandro Gómez VázquezVilacide de Arriba-Sigüeiro, 4

15668 Oroso

1280800

4MuxicosLaborManuel Carneiro MíguezTras Vea-César, 16

15881 Santiago de Compostela

10100

5MuxicosLaborGumersindo Prado BrañaTras Vea-César, 15

15881 Santiago de Compostela

40400

6MuxicosLaborManuel Salvado RíosTras Vea-César, 14

15881 Santiago de Compostela

34340

7MuxicosLaborCarmen Castro RialMallou de Abaixo, 9

15890 Santiago de Compostela

47470

8MuxicosLaborJesusa Castro MartínezRúa do Cruceiro da Coruña, 90

15890 Santiago de Compostela

C.T.514140