Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de outubro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-0836-1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas que a continuación se relacionan, a proposta de resolución de expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte á publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

(r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación, as alegacións que estimen pertinentes.

Nº de expediente: PO-0836-1999.

Denunciado: Juan Manuel Millán Paz.

Enderezo: Monte, 7-Illa de Arousa-Pontevedra.

Vigo, 16 de outubro de 2000.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo