Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Plásticos Camypor, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Plásticos Camypor, S.L., con nº de código 3601612 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-9-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegados de persoal, en data 9-3-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de outubro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Plásticos Camypor, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afecta a tódolos traballadores da empresa Plásticos Camypor, S.L., dedicada á fabricación de tubos para a conducción de fluídos, negociado no marco do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O establecido no presente convenio colectivo afectará a todo o persoal da empresa e a tódalas persoas que se incorporen a traballar na citada sociedade no tempo de vixencia do convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, aínda que os seus efectos económicos terán efecto desde o 1 de xaneiro de 1999, salvo disposición contraria nalgún artigo deste convenio e sempre de acordo co sindicato dos traballadores. Este convenio asínase para os anos 1999, 2000 e 2001, data na que se considerará prorrogado por anos naturais, se non mediase denuncia en prazo e forma establecidos.

Artigo 4º.-Garantías persoais.

Respectaranse as condicións económicas que sexan superiores ás establecidas neste convenio, a título persoal.

Artigo 5º.-Organización do traballo.

A organización do traballo correspóndelle só á dirección da empresa, dentro da lexislación vixente.

O seu obxectivo é acadar un nivel óptimo de productividade, que poderá ser realidade cando se empregue unha boa actitude e responsabilidade, de empresa e traballadores.

Os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, propostas, emisión de informes, etc., no que se relaciona coa organización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 6º.-Persoal contratado.

Os traballadores contratados por tempo determinado terán, durante a vixencia do seu contrato, os mesmos dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro de persoal. Co aviso previo de remate de contrato, xuntarase proposta de liquidación. Tódolos contratos temporais, ó seu remate, terán dereito á indemnización que estableza a lexislación vixente.

O ingreso dos traballadores considerarase feito a título de proba, da que o período será variable segundo os postos que se vaian cubrir sen poder exceder dos seguintes tempos:

-Grupo profesional 6, 7 e 8: 4 meses.

-Grupo profesional 5 e 4: 2 meses.

-Grupo profesional 3, 2 e 1: 1 mes.

Só se entenderá que o traballador está sometido ó período de proba se así consta por escrito. Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolver libremente o contrato sen prazo de aviso previo e sen dereito a indemnización ningunha.

En todo o demais rexerá o disposto na lexislación vixente.

Artigo 7º.-Información de contratos.

A dirección da empresa informará no prazo de tres días ós representantes legais dos traballadores, dos contratos realizados por escrito, notificando tódolos datos relativos ás súas condicións laborais, coa soa excepción dos referidos á súa intimidade persoal.

Entregaráselles ós representantes legais dos traballadores, no prazo de 12 días, unha copia íntegra de tódolos contratos de traballo, modificacións ou prórrogas destes.

Artigo 8º.-Contratación.

A empresa comprométese a converte-la contratación temporal en indefinida podendo utilizar para iso os supostos previstos na Lei 63/1997, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida.

8.1. Contratos de duración determinada.

Os contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderá ter unha duración máxima de 9 meses dentro dun período de 12 meses.

Este prazo poderase empliar a 12 meses nun período de 18, se así se pacta na empresa cos representantes dos traballadores.

8.2. Contratos para a formación.

Os contratos para a formación de acordo coa legalidade vixente estarán dirixidos a favorece-lo adestramento profesional e a formación en postos de traballo dos grupos 3 e 4 e, excepcionalmente, naqueles postos do grupo 2 que pola súa propia natureza requiran un coñecemento e experiencia determinados.

8.3. Contratos en prácticas.

Os contratos de traballo en prácticas serán os encamiñados a concertar con quen estivera en posesión dun título universitario ou de formación de grao medio, superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, todo iso na forma prevista no artigo 11.1º do Estatuto dos traballadores.

As actividades para as que se establecen contratos en prácticas serán as incluídas nos grupos profesionais 3, 4, 5, 6 e 7 do convenio.

8.4. Contratos de obra ou servicios.

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei e evitar ó máximo a utilización de formas de contratación externas á empresa, particularmente as empresas de traballo temporal, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado segundo o previsto polo artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Os ditos contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representan, que limitados no tempo e dos que a duración poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa. Previamente á utilización desta modalidade contractual, a empresa daralles conta ós representantes dos traballadores da causa obxecto do contrato, así como das condicións de traballo deles, especificando o número de traballadores afectados, grupos profesionais que se van asignar e duración prevista. A presente inclusión neste convenio non se poderá entender en ningún caso como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 9º.-Réxime salarial.

O salario para 1999 será o indicado a continuación:

Táboa salarial Plásticos Camypor, S.L.

3 quendas4 quendas

Grupo 11.546.150 ptas./ano1.904.858 ptas./ano

Grupo 21.654.381 ptas./ano2.013.089 ptas./ano

Grupo 31.793.533 ptas./ano2.152.239 ptas./ano

Grupo 41.994.535 ptas./ano2.353.239 ptas./ano

Grupo 52.272.774 ptas./ano

Grupo 62.659.382 ptas./ano

Como na data do asinamento deste convenio xa se publicou a revisión salarial de 1999, estes salarios

aplicados durante o ano 1999 quedan da seguinte forma:

Táboa salarial Plásticos Camypor, S.L.

(incluída revisión salarial)

3 quendas4 quendas

Grupo 11.562.792 ptas./ano1.925.360 ptas./ano

Grupo 21.672.187 ptas./ano2.034.756 ptas./ano

Grupo 31.812.838 ptas./ano2.175.404 ptas./ano

Grupo 42.016.003 ptas./ano2.378.567 ptas./ano

Grupo 52.297.236 ptas./ano

Grupo 62.688.005 ptas./ano

Polo que, durante o ano 2000 procederase a regulariza-la diferencia entre o salario aplicado e o definitivo.

Para o ano 2000, o salario será o que se indique a continuación:

Táboa salarial Plásticos Camypor, S.L. (ano 2000)

3 quendas4 quendas

Grupo 11.600.299 ptas./ano1.971.569 ptas./ano

Grupo 21.712.319 ptas./ano2.083.590 ptas./ano

Grupo 31.856.346 ptas./ano2.227.614 ptas./ano

Grupo 42.064.387 ptas./ano2.435.653 ptas./ano

Grupo 52.352.370 ptas./ano

Grupo 62.752.517 ptas./ano

Para o ano 2001 o incremento será o establecido polo convenio xeral da industria química.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A antigüidade queda conxelada na cantidade percibida mensualmente por cada traballador, na data 1 de xaneiro de 1996.

A partir desa data, a antigüidade rexerase polas seguintes cantidades de carácter anual.

Trienio: 13.050.

Quinquenio: 26.100.

A data de cómputo das antigüidades seguirá o seu curso actual.

Artigo 11º.-Complementos.

1. Complemento de nocturnidade: a contía deste complemento será de 1.050 pesetas por día traballado en quenda de noite a partir do 1 de xaneiro do ano 2000 para todo o período de duración deste convenio.

2. Complemento de transportes: inclúese en nómina a cantidade de 1.345 pesetas por día efectivamente traballado, ó persoal que a data do 1 de xaneiro de 1996, tivese a condición de fixo de cadro de persoal, relación laboral indefinida en concepto deste complemento. Cada ano este complemento revisarase en función do IPC.

3. Complemento de toxicidade: a súa contía queda fixada no 10 % sobre as seguintes cantidades, sempre referido ó persoal de producción, cando o determine o organismo competente a existencia da dita toxicidade. Este complemento aplicarase por día de presencia no posto de traballo.

As cantidades sobre as que se aplicará o 10% en 1999 son:

Grupo 1: 2.713 ptas./día.

Grupo 2: 2.907 ptas./día.

Grupo 3: 3.148 ptas./día.

Grupo 4: 3.504 ptas./día.

Grupo 5: 3.989 ptas./día.

Grupo 6: 4.671 ptas./día.

Estas cantidades quedaron modificadas coa revisión salarial nas seguintes:

Grupo 1: 2.719 ptas./día.

Grupo 2: 2.912 ptas./día.

Grupo 3: 3.154 ptas./día.

Grupo 4: 3.511 ptas./día.

Grupo 5: 3.997 ptas./día.

Grupo 6: 4.680 ptas./día.

Para o ano 2000 as cantidades sobre as que se aplicarán o 10% serán:

Grupo 1: 2.784 ptas./día.

Grupo 2: 2.982 ptas./día.

Grupo 3: 3.230 ptas./día.

Grupo 4: 3.595 ptas./día.

Grupo 5: 4.093 ptas./día.

Grupo 6: 4.792 ptas./día.

As cantidades sobre as que se aplicarán no ano 2001 o 10% serán as equivalentes ás que figuren no convenio de químicas para este ano.

Artigo 12º.-Complementos.

A empresa establecerá a partir do 1 de xaneiro do ano 2000 unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte por accidente, invalidez permanente total, invalidez absoluta e gran invalidez excepto infartos motivados por accidente, sexa ou non laboral, nas contías de:

Falecemento: 3.000.000 de ptas.

Invalidez permanente total: 3.500.000 ptas.

Invalidez absoluta: 3.500.000 ptas.

Gran invalidez: 3.500.000 ptas.

As garantías que se citan cobren o traballador durante a xornada laboral e in itinere (desprazamento do traballador desde o seu domicilio ó posto de traballo e viceversa).

Artigo 13º.-Fondo social.

Dotarase un fondo social para o ano 2000 para axudas ós fillos dos traballadores en terreo educativo e garderías que será administrado e controlado por unha comisión mixta para o efecto.

A comisión mixta estará formada polas seguintes persoas: Caridad Portabales Barros, Nieves Carballido Rouco, Ricardo Álvarez Lago, Cecilio Benavides Conde e Ángel Troncoso Rodríguez.

No caso de matrimonios dos cales os cónxuxes traballen na empresa, percibirá axuda un só dos dous traballadores.

As cantidades que percibirá cada traballador por este concepto e fillo durante o ano 2000 serán:

Educación especial, aboarase unha cantidade de 40.000 pesetas anuais. Considerarase a cualifica

ción dada pola Seguridade Social nese caso para determinar esta circunstancia.

-Garderías infantís (ata 3 anos), aboarase unha cantidade de 25.000 pesetas/ano.

-Educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou formación profesional de grao medio: aboaranse 15.000 pesetas anuais.

-Bacharelato ou formación profesional de grao superior, aboaranse 10.000 pesetas anuais.

-Formación superior, aboaranse 30.000 pesetas anuais por tódolos conceptos.

Para o ano 2000 este fondo social cobrarase no mes de setembro.

Terán dereito ó cobro deste fondo social aqueles traballadores que permanecesen na empresa desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano anterior ó do pagamento.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias; a súa contía será o soldo base, segundo o grupo ó que se pertence máis a antigüidade que corresponda a cada traballador.

O pagamento realizarase da seguinte forma:

-Paga de marzo. Na segunda quincena do mes de marzo.

-Paga de xullo. Na primeira quincena do mes de xullo.

-Paga de Nadal. Na segunda decena de decembro.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada de traballo terá unha duración máxima anual de 1.776 horas efectivas para 1999, 1.764 horas efectivas para o ano 2000 e quedando pendentes as horas efectivas do ano 2001 que serán as aprobadas no convenio de química para o dito ano.

A xornada, por necesidades de producción, poderá ser de luns a venres ou tódolos días do ano.

Xornada continua: enténdese por proceso continuo o do traballo que, debido a necesidades técnicas, organizativas ou de producción, se realiza as 24 horas do día e durante os 365 días do ano. A retribución neste caso de traballo a xornada continua, rexerase polas táboas mencionada no artigo 9º deste convenio na súa columna 4 quendas.

Os horarios das quendas serán:

-Mañá: de 6 a 14 horas.

-Tarde: de 14 a 22 horas.

-Noite: de 22 a 6 horas.

Cómputo da xornada laboral.

De acordo cos delegados sindicais establecerase un calendario laboral para cada un dos anos de vigor deste convenio. No dito calendario laboral quedarán fixadas as horas efectivas de traballo por mes. Procedendo ó final de cada un dos meses ó cómputo das ditas horas efectivas. Procedendo do seguinte xeito:

1. Poderase fixar distinto número de horas mensuais por equipo de traballo, por traballador e por mes.

2. O traballador que supere o número de horas mensuais establecidas procederá a descansar no mes seguinte as ditas horas.

3. O traballador que non alcance o número de horas efectivas mensuais establecidas cerrará o cómputo mensual sen ter horas pendentes de traballo.

4. Enténdese para o cómputo mensual que a hora efectiva de traballo é a hora de presencia do traballador no seu posto de traballo.

Artigo 16º.-Traballos de distinto grupo profesional.

A empresa, en caso de necesidade, poderá destina-los traballadores a realizaren traballos de distinto grupo profesional ó seu, reintegrándose o traballador ó seu antigo posto cando cese a causa que motivou o cambio.

Cando se trate dun grupo superior, este cambio non poderá ser de duración superior a seis meses ininterrompidos, salvo os casos de substitución por servicio militar, enfermidade, accidente de traballo, licencias, excedencia especial e outras causas análogas, caso no que se prolongará mentres subsistan as circunstancias que o motivasen. Transcorridos os seis meses, coas excepcións apuntadas, convocarase concurso-oposición. A retribución, mentres se desempeña traballo de grupo superior, será a correspondente a este.

Cando se trate dun grupo inferior, esta situación non poderá prolongarse por período superior a dous meses ininterrompidos. Non obstante, este prazo prolongarase se así se acorda expresamente entre a empresa e os representantes dos traballadores de acordo con razóns excepcionais que o xustifiquen, e coa previsión de medidas para resolve-lo problema formulado. En todo caso, o traballador conservará a retribución correspondente ó seu grupo de orixe, salvo que o cambio se producise por petición do traballador; neste caso, o seu salario condicionaríase segundo o novo grupo profesional. En ningún caso o cambio de grupo poderá implicar menoscabo da dignidade humana. Evitarase reitera-lo traballo de grupo inferior cun mesmo traballador.

Nos casos de traballadores adscritos con carácter forzoso a un grupo profesional inferior, por exceso de cadro de persoal, deberán ser reintegrados ó grupo de orixe en canto existan vacantes do seu grupo.

Os traballadores remunerados a obra feita ou primas que supoñan a percepción de complementos especiais de retribución, non poderán ser adscritos a outros traballos de distinto réxime, salvo cando mediasen causas de forza maior ou as esixencias técnicas da explotación o requirisen.

Artigo 17º.-Vacacións.

Estas serán de 30 días naturais. A súa distribución será de mutuo acordo entre a empresa e os traballadores, tendo en conta os períodos e a maior necesidade de producción. O cadro de distribución das vacacións exporase no taboleiro de anuncios cunha antelación mínima de tres meses, para coñecemento do persoal.

Desfrutaranse un mínimo de 15 días consecutivos, preferentemente no verán e no Nadal.

Artigo 18º.-Ascensos.

Co fin de establecer unha estructura lóxica de ascensos para evitar que nunha mesma quenda de traballo todo o persoal sexa dun mesmo grupo, crearase unha comisión paritaria, comité de empresa ou delegados co mesmo número de membros por ambas partes que establecerán os ascensos baseándose primordialmente en antigüidade na empresa, anos desempeñados no mesmo posto de traballo, responsabilidade na fabricación e estudio do historial laboral.

O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou confianza será de libre designación pola empresa.

Na aplicación deste artigo respectarase o dereito igual de tódolos traballadores á promoción, sen que caiba discriminación ningunha por razóns de idade ou sexo.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo que lles entregará a empresa ós seus traballadores consistirá nas seguintes prezas:

-Persoal suxeito á nave de producción (xefes de quenda, persoal de máquinas, mesturadores, mantemento, muiñeiros...): efectuaranse dúas entregas anuais que intentarán anticiparse ós períodos de verán e inverno. Estas consistirán, cada unha, nun par de botas reforzadas, dúas camisetas e unha funda de cremalleira.

-Persoal de laboratorio: dúas batas en cada unha das entregas anuais.

-Persoal de limpeza: igual que o persoal de laboratorio.

-Persoal de almacén: (xefes de equipo, almaceneiros, sacacarriños...): na entrega de inverno, un par de botas para o frío, un par de botas de auga altas, unha funda cremalleira, roupa de auga e guantes.

Facilitaráselle ó persoal que o requira, á parte do especificado, todo aquel elemento que se considere necesario para a realización do seu traballo.

Artigo 20º.-Permisos e licencias.

O traballador, avisando coa posible antelación, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

1. Quince días naturais no caso de matrimonio.

2. Dous días por nacemento de fillos/as, que poderán ser prorrogados por dous días no caso de enfermidade xustificada ou cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

3. Dous días naturais en caso de grave enfermidade ou falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe ou irmáns do traballador, así como os do seu cónxuxe, que poderán ampliarse a catro cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

4. Un día natural en caso de matrimonio de fillos, pais ou irmáns, na data da celebración da cerimonia.

5. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

6. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal,

comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e compensación económica.

7. Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional nos supostos e na forma regulados na lexislación vixente.

8. Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia a consultorio médico en horas coincidentes coas da súa xornada laboral, as empresas concederán, sen perda de retribución, o permiso necesario polo tempo preciso para o efecto, tempo que deberá xustificarse co correspondente volante visado polo facultativo ou persoal debidamente acreditado, sexan ou non da Seguridade Social.

En canto ó sinalado nos números 1 a 3, en casos extraordinarios debidamente acreditados, tales licencias outorgaranse polo tempo que sexa preciso segundo as circunstancias, convíndose as condicións de concesión e podendo acordarse a non percepción de haberes.

Artigo 21º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de incapacidade laboral transitoria, motivada por accidente de traballo, requira ou non hospitalización, ou enfermidade común que requira hospitalización, os traballadores percibirán o 100% do seu salario.

No suposto de enfermidade que non requira hospitalización, seguirase o seguinte:

a) Primeiros sete días: 100 %.

b) A partir do oitavo día: 85 %.

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene.

Observarase o disposto na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normativa vixente.

Artigo 20º.-Ferramentas.

A empresa deberá pór á disposición dos traballadores tódolos utensilios necesarios para o traballo. Por outra banda, o persoal deberá utiliza-las ferramentas postas á súa disposición para os usos para os que as ditas ferramentas estean indicadas.

Artigo 25º.-Réxime disciplinario.

Réxime de faltas e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes:

Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1. A falta de puntualidade, ata de tres nun mes, na asistencia ó traballo, con atraso inferior a trinta minutos no horario de entrada.

2. Non cursar no tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono do servicio sen causa fundada, mesmo cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia deste se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo e limpeza persoal, cando sexa de tal índole que poida afecta-lo proceso productivo da empresa.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

8. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa.

9. Faltar ó traballo un día ó mes, sen causa xustificada.

Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo, nun período de trinta días.

2. Ausencias sen causa xustificada por dous días, durante un período de trinta días.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia, que poidan afecta-la Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

5. A simulación de enfermidade ou accidente.

6. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

7. Simula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

9. A imprudencia en acto de traballo: se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como falta moi grave.

10. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

11. A embriaguez fóra de acto de servicio, vestindo o uniforme da empresa, sempre que polo uniforme poida ser identificada a empresa.

12. A reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediada comunicación escrita.

Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superior a cinco minutos, cometidas nun período de seis meses ou vinte, durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo, en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, desfacer ou causar desperfectos en primeiras materias, utensilios, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

4. A condena por delicto de roubo, furto ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feitos que poidan implicar para esta desconfianza respecto do seu autor ou, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictada polos tribunais de xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez habitual.

7. Vicia-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelar a elementos estraños a ela datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou a falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e subordinados.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandona-lo posto de responsabilidade.

11. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal de traballo, sempre que non estea motivada polo exercicio de ningún dereito recoñecido polas leis.

12. Orixinar frecuentes rifas e liortas cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes en que se producise a primeira.

14. O abuso de autoridade por parte dos xefes será sempre considerado como falta moi grave e porase inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa.

Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

A sanción das faltas leves e graves requirirá comunicación escrita motivada ó traballador e a das faltas moi graves esixirá tramitación de expediente ou procedemento sumario en que sexa oído o traballador afectado.

En calquera caso, a empresa dará conta ós representantes dos traballadores, ó mesmo tempo có propio interesado, de toda sanción que impoña.

Sancións máximas.

As sancións máximas que poderán imporse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

c) Por faltas moi graves: desde a suspensión de emprego de dezaseis a sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo nos supostos nos que a falta fose cualificada dun grao máximo.

Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá, para as faltas leves, ós dez días; para as faltas graves, ós vinte días, e para as moi graves, ós sesenta días, a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de cometerse.

Graduación de faltas.

Para os efectos de graduación de faltas, non se terán en conta aquelas que se cometesen con anterioridade, de acordo cos seguintes prazos:

-Faltas leves: 3 meses.

-Faltas graves: 6 meses.

-Faltas moi graves: 1 ano.

Artigo 26º.-Denuncia do convenio.

Este convenio terá unha vixencia de tres anos, entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 1999, finalizando a súa vixencia o día 31 de decembro do ano 2001.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio poderá ser denunciado tres meses antes da data da súa finalización, comprometéndose ámbalas partes a comezaren os trámites de negociación para un novo convenio a partir da dita data.

En caso contrario estarase suxeito ó establecido no artigo 3º deste convenio.

Artigo 27º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estará integrada pola representación de ámbalas partes negociadoras coa mesma estructura e composición que na comisión negociadora do convenio.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais do procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte como órgano de mediación dos conflictos derivados da aplicación do convenio.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ó ano, así como sempre que sexa convocada para o efecto por calquera das partes, convocatoria que se deberá efectuar polo menos con setenta e dúas horas de antelación.

ANEXO I

Tódalas referencias feitas nos artigos anteriores, así como nas táboas salariais anexas ó convenio de químicas, non implican que Plásticos Camypor, S.L. se rexa polo dito convenio, senón que son a referencia adoptada para o convenio de empresa que aprobamos para os anos 1999, 2000 e 2001.

ANEXO II

Grupos de clasificación

Nivel 6º. Persoal titulado superior que realiza o seu traballo con alto grao de autonomía e responsabilidade.

Nivel 5º. Persoal técnico de grao medio.

Nivel 5º. Xefes de producción, xefes administrativos, xefe comercial.

Nivel 4º. Encargados: encargados de quenda en producción, encargados de almacén.

Nivel 3º. Oficiais administrativos.

Viaxantes.

Axudantes de laboratorio.

Persoal de producción: persoal especializado que atende as máquinas con total autonomía, encargándose da súa montaxe, desmontaxe e posta en marcha.

Nivel 2º. Persoal de producción: operarios que atenden as máquinas con total autonomía, que non as montan nin desmontan, aínda que si realizan os procesos de posta en marcha e parada.

Nivel 1º. Auxiliares administrativos e telefonistas.

Subalternos: ordenanzas, vixilantes,...

Limpadoras e peóns.

Persoal de producción, operarios non cualificados que realizan labores de carga e descarga en nave de producción e almacén.

Cantidade na que quedan conxeladas as antigüidades o 1 de xaneiro de 1996:

Ptas./mes

Caridad Portabales2.814

Ricardo Álvarez

Juan Carlos Gil2.814

David Rey5.628

José Ángel Moreiras

Pedro Iglesias2.814

Carlos Nogueira5.628

José M. Zarandón16.884

Cecilio Benavides5.628

Nieves Carballido22.512

Mary Carballido28.140

M. Carmen Domínguez28.140

Cristina Pérez15.975

Manuel Balado21.300

Ángel Nogueira22.512

Jesús Lago5.628

Emilio Vivas