Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 10 de novembro de 2000 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da do 6 de xuño pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 6 de xuño de 2000 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axudas a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 15 de novembro de 2000.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 6 de xuño de 2000 ata o 30 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio