Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de outubro de 2000 pola que se adscribe con carácter definitivo ó Instituto de Educación Secundaria Ricardo Carballo Calero de Ferrol (A Coruña) ó profesorado que se relaciona no anexo.

Por Orde do 8 de outubro de 1999 (DOG do 22) trasládanse as ensinanzas de formación profesional da rama de perruquería e estética, da especialidade de perruquería do IES Roberto Vidal de la Torre de Ferrol ó IES Ricardo Carballo Calero da mesma localidade.

Procede agora efectua-la adscrición con carácter definitivo, no Instituto de Educación Secundaria Ricardo Carballo Calero de Ferrol, do profesorado do Instituto de Educación Secundaria Roberto Vidal de la Torre de Ferrol da rama de perruqería e estética, especialidade perruquería.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Os profesores de ensino secundario e técnicos de formación profesional que se relacionan no anexo desta orde, procedentes do IES Roberto Vidal de Ferrol, quedan adscritos definitivamente no Instituto de Educación Secundaria Ricardo Carballo Calero de Ferrol.

Segundo.-A adscrición a que se refire esta orde non suporá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lles corresponden, e os servicios no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Terceiro.-Nos títulos administrativos dos interesados, a delegación provincial da consellería incluirá dilixencias nas que se faga consta-la posesión no novo instituto.

Cuarto.-A efectividade desta orde será do 23 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

APELIDOS E NOMEDNIDISCIPLINA

ABELLA LOPEZ, ANA DOLORES32.411.074ASESORÍA E PROCESOS DE IMAXE PERSOAL

GONZALEZ BARCIA, Mª CARMEN35.203.136PERRUQUERÍA

OTERO MOLDES, Mª CARMEN33.255.059PERRUQUERÍA

SAMPEDRO ALVAREZ, FLORA36.060.061PERRUQUERÍA

TORRES SOUTO, SUSANA33.267.141PERRUQUERÍA