Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.336

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN FORO PERMANENTE GALLEGO E IBEROAMERICANO DE LA SALUD

ACORDO do 6 de novembro de 2000 polo que se anuncia a convocatoria pública para a cobertura dunha praza de persoal de servicios xerais mediante contrato laboral de duración determinada.

A Dirección Xerencia da Fundación Pública Foro Permanente Galego Iberoamericano da Saúde acordou, en uso das súas competencias e pola delegación de poderes realizada polo padroado na súa reunión do 16 de xuño de 2000, inicia-lo procedemento para a convocatoria pública dunha praza de persoal de servicios xerais, nos termos previstos na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

En consecuencia, anúnciase publicamente a súa contratación conforme as seguintes bases:

Posto: unha (1) praza de persoal de servicios xerais a xornada completa.

Funcións principais: codificación e arquivo de datos, atención telefónica, apoio en labores administrativos, especialmente os relacionados coa traducción de textos en lingua inglesa.

Requisitos:

-Experiencia mínima dun (1) ano en postos similares de fundacións públicas.

-Dominio demostrable mediante titulacións oficiais dos idiomas inglés e galego.

-Dominio de Microsoft Office a nivel de usuario.

Valorarase:

-Currículum vitae.

-Resultado da entrevista persoal.

Os interesados poderán enviar unha solicitude, xunto co seu currículum vitae e a documentación compulsada que estimen pertinente, dirixida ó director xerente da fundación e serán remitidas por correo certificado ou presentadas persoalmente no rexistro da citada fundación, rúa Ponferrada, número 8, 1º B, 15703 de Santiago de Compostela (A Coruña), en horario de 9 a 14 de luns a venres, no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

O inicio das probas non se realizará antes dun mes desde a publicación deste anuncio no DOG e a selección será efectuada por unha comisión designada para os efectos.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2000.

Jorge J. Rodríguez Vázquez-Molezún

Director xerente da Fundación Foro Permanente Galego Iberoamericano da Saúde