Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO de áridos, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o 1º semestre de 2001.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación

da subministración de áridos, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o 1º semestre de 2001, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15 día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 8 de novembro de 2000.

O presidente

Rubricado