Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.336

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE PSICÓLOGOS DE GALICIA

ANUNCIO de convocatoria de asemblea constituínte.

A comisión xestora do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, constituído por segregación do Colexio Oficial de Psicólogos (Decreto 120/2000, do 19 de maio, da Xunta de Galicia) convoca a tódolos colexiados e colexiadas á asemblea constituínte que terá lugar o sábado 16 de decembro de 2000 ás 9.30 horas en primeira convocatoria e ás 10 horas en segunda convocatoria, no Auditorio do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela (praza do Obradoiro, s/n) coa seguinte orde do día:

1. Constitución da mesa presidencial.

2. Aprobación do regulamento da asemblea.

3. Discusión e aprobación, se procede, dos estatutos definitivos do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.

4. Elección dos órganos de goberno.

5. Propostas e suxestións.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2000.

Xabier Macías Virgós

Presidente do Colexio Oficial de Psicólogos

de Galicia