Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Lamas. Salto do Vao, localizado na Fonsagrada (Lugo) e promovido por Suma de Energías, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Lamas. Salto do Vao.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

* Concello da Fonsagrada.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental