Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2000 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Abastecemento de auga ás parroquias do Chao do Fabeiro, Baamorto, Tor, San Xillao de Tor, Reigada, Chavaga, Caneda, Santa Mariña do Monte e Sindrán. (Monforte de Lemos-Lugo).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 185.885.000 pesetas.

-Abastecemento de auga a Samos e parroquias limítrofes terminación. (Samos-Lugo).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 83.854.380 pesetas.

-Ampliación da rede de saneamento de Bueu primeira fase. (Bueu-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 48.400.000 pesetas.

-Saneamento integral de Bealo. (Boiro-A Coruña).

Adxudicatario: Auxiliar y General de Servicios, S.L.

Orzamento: 77.223.325 pesetas.

-Abastecemento de auga en parroquias do concello das Neves. (As Neves-Pontevedra).

Adxudicatario: Obras y Construcciones Dios, S.A.

Orzamento: 20.770.000 pesetas.

-Abastecemento e saneamento ó núcleo de Monterrei primeira fase. (Verín-Ourense).

Adxudicatario: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

Orzamento: 34.555.674 pesetas.

-Abastecemento e saneamento rúa Manuel Lezón e rúa López Blanco. (Celanova-Ourense).

Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento: 76.734.000 pesetas.

-Ampliación da rede de saneamento en Escarabote. (Boiro-A Coruña).

Adxudicatario: Puentes y Calzadas Empresa Constructora, S.A.

Orzamento: 109.968.288 pesetas.

-Acondicionamento do río Madanela ó seu paso por Vilalba. (Vilalba-Lugo).

Adxudicatario: Obras Caminos y Asfaltos, S.A.

Orzamento: 130.749.747 pesetas.

-Saneamento de auga residual en Taragoña e acondicionamento da EDAR en Rianxo. (Rianxo-A Coruña).

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 239.730.621 pesetas.

-Ampliación abastecemento de auga á zona escolar da Sangriña e A Pasaxe. (A Guarda-Pontevedra).

Adxudicatario: Transportes y Materiales Gomper, S.L.

Orzamento: 5.702.400 pesetas.

-Rede de saneamento en Entrambosríos. (A Merca-Ourense).

Adxudicatario: Máximo Rodríguez González.

Orzamento: 9.790.000 pesetas.

-Abastecemento de auga a Láncara do manancial de Rariz e mellora da estación de bombeo. (Láncara-Lugo).

Adxudicatario: Obras y Conducciones Hidráulicas, S.L.

Orzamento: 9.850.000 pesetas.

-Rede de sumidoiros en Moreira segunda fase. (Moreira-Pontevedra).

Adxudicatario: Francisco Gómez y Cía, S.L.

Orzamento: 17.441.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia