Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 17 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situado na zona terrestre, sométese a información pública a petición de permiso do establecemento que se describe:

Nome: Dolores Otero Chouza, S.L.

Tipo: estación depuradora/centro de expedición.

Actividade: depuración/envasado.

Especies: moluscos.

Tipo: cetaria.

Actividade: estabulación.

Especies: crustáceos.

Ubicación: República do Salvador, 34.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Solicitante: Dolores Otero Chouza, S.L.

DNI/CIF: B15292303.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará ó dispor do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que estime oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificio administrativo San Caetano. 15771. Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9 a 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños