Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos servicios de perruqería e podoloxía para centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos servicios de perruquería e podoloxía para centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 21/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

Servicio de perruquería de donas no Fogar da 3ª Idade de Pontevedra, sito na Alameda, 6 de Pontevedra.

Servicio de perruquería de donas no Fogar da 3ª Idade de Redondela, sito no Paseo da Xunqueira, 25 de Redondela.

Servicio de podoloxía na Residencia da 3ª Idade do Meixoeiro, sita no Meixoeiro, s/n en Vigo.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 1 de xaneiro de 2001 ata 31 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Canon de explotación anual é de 6.000 pesetas (seis mil pesetas).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: a documentación estará exposta en tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: información na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Localidade e código postal: Vigo 36202.

d) Teléfono: 986 81 72 11 e 986 81 72 12.

e) Fax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas, tódolos días laborais excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores acreditarán en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que

o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra en avda. Vigo, 16 ou nas súas dependencias de Vigo, avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Domicilio: avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 13 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra