Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia O2000/52).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O2000/52.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras complementarias do plan de rexeneración ecolóxica e medioambiental dos montes de San Pedro e Cortigueiro, e beira marítima San Roque-Bens.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 250.000.000 de pesetas (1.502.530,26 euros) (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría c; grupo C, subgrupo 7, categoría b; grupo H, subgrupo 2, categoría b; grupo K, subgrupo 6, categoría c.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: un mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: o prego de cláusulas administrativas particulares exponse ó público para que poidan presentarse reclamacións por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó deste anuncio.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 31 de outubro de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Delegado de Contratación