Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno o estudio de detalle da unidade de execución nº 1 (soar da Tafona), en desenvolvemento das normas subsidiarias municipais, promovido polo Concello de Caldas de Reis e redactado polo arquitecto Josep Sánchez Ferré.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Caldas de Reis, 10 de outubro de 2000.

José Mª Tobio Barreira

Alcalde