Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO da contratación dunha consultoría para a revisión do plan xeral.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 28-9-2000, de acordo co establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, acordou deixar sen efecto a licitación da modificación do plan xeral iniciada e convoca-la contratación por concurso con procedemento aberto para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Barro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Barro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Obxecto: redacción revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Barro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 7.000.000 de pesetas.

5. Garantías:

a) Provisional: 140.000 pesetas.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Barro.

b) Domicilio: Santo Antoniño. Perdecanai.

c) Localidade e código postal: Barro, 36194.

d) Teléfono: 986 71 10 02.

e) Telefax: 986 71 10 01.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia (última publicación).

b) Lugar: no rexistro xeral do concello, de luns a venres, de 9 a 15 horas, sábados de 9 a 14 horas ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

c) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

8. Modelo de proposición:

Axustarase ó que figura no prego de condicións.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: Concello de Barro.

Salón de plenos (domicilio): casa do concello. Santo Antoniño. Perdecanai.

Localidade: 36194, Barro (Pontevedra).

Data: ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo para a presentación das ofertas (de coincidir en sábado ou festivo aprazarase ó seguinte día hábil).

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

Criterios de adxudicación do concurso: establecidos no prego.

Barro, 3 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado