Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONCURSO para contratación do servicio de limpeza de edificios municipais para o ano 2001.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación do servicio de limpeza de edificios municipais durante o ano 2001, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do concello, Cimadevila (Barbadás), ou por teléfono: 988 36 00 00 e fax: 988 36 01 26.

Barbadás, 4 de novembro de 2000.

O alcalde

Rubricado