Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de contratación de obra.

Concurso con procedemento aberto e trámite urxente para a contratación da obra pavimentación e melloras na rúa Real (desde a avda. do Xeneralísimo).

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Miño.

2. Obxecto do contrato:

Execución da obra pavimentación e melloras na rúa Real (desde avda. do Xeneralísimo).

3. Tramitación:

Urxente, concurso público con procedemento aberto.

4. Tipo de licitación:

11.508.773 pesetas ou 69.169,118 euros.

5. Garantías:

Provisional: 230.175 pesetas.

Definitiva: 460.350 pesetas.

6. Obtención da documentación e información:

a) Lugar e prazo: Concello de Miño (A Coruña), avda. do Xeneralísimo 98, 15630 Miño. Teléfono: 981 78 20 06. Fax: 981 78 31 75. No prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Prego de cláusulas administrativas: o publicado pola Deputación Provincial da Coruña, no BOP número 77, do 3 de abril de 2000.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Lugar de presentación: casa do concello, avda. do Xeneralísimo 98 (Miño), oficinas xerais, Rexistro de Entrada. No horario de 9 a 14 horas, agás os sábados que será de 11 a 13 horas.

b) Prazo: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

c) Documentación: a esixida no prego de condicións.

9. Apertura de plicas:

Na casa do concello, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo para a presentación de proposicións. Se este día resultase ser sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos:

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que se orixinen.

Miño, 6 de novembro de 2000.

Deogracias Romeu López

Alcalde