Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-86/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non o efectuaren voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados

a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 21 de setembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-86/2000.

Denunciado: Enrique Roberto Souto Presno.

DNI: 33.539.262-H.

Enderezo: r/ Montefaro, nº 109-2º, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana nunha zona vedada, ó facelo na área recreativa do río Anllo, sita en Moar-Moncelos-Abadín, ubicada a uns 200 m río abaixo da ponte de Moar, infrinxindo o disposto na orde de vedas do 24 de xaneiro de 2000 (DOG do 4 de febreiro). Feitos constatados o día 18-4-2000, ás 18.20 h.

Precepto sancionador: 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano, desde que a resolución sexa firme.