Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación das obras da sede do Centro Tecnolóxico do Mar, dependente da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación das obras da sede do Centro Tecnolóxico do Mar dependente da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Prazo de execución: seis meses

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: cento seis millóns novecentas noventa mil cincocentas trinta e dúas pesetas (106.990.532 pesetas), IVE incluído (643.026,05 euros), distribuídas en dúas anualidades:

Ano 2000: 90.000.000 de pesetas.

Ano 2001: 16.990.532 pesetas

5. Garantía provisional: 2.139.811 pesetas (12.860,06 euros)

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C. Categoría D

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15771), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2000.

P.D. (Resolución 23-2-1999)

José Ricardo Díaz Presedo

Subdirector xeral de Coordinación