Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.248

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (249/2000 (4)).

Eu, Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que en virtude do acordado por auto desta data, recaído nos autos de procedemento abreviado número 249/2000-(4), notifícaselle a Carmen Ferrero Núñez o auto con data do 10 de outubro de 2000, dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

N/Refª.: procedemento abreviado nº 249/2000-(4).

Auto.

A Coruña, 10 de outubro de 2000.

Antecedentes de feito.

1. Foron promovidas as presentes actuacións, por demais constitutivas de autos número 249/2000-(4) do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un desta capital, por Carmen Ferrero Núñez, como parte recorrente e sen que no embargo conste designación específica do letrado preceptivo ó respecto do correspondente colexio de avogados, contra a devandita resolución, dictada polo director xeral de Política Interior do Ministerio do Interior e que agora consta referenciada en autos.

Acórdase declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido pola parte recorrente antes citada.

Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes constituídas e signifíqueselle-lo dereito que as asiste de interporen eventual recurso de apelación no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da súa correspondente notificación, ante o mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que lle sirva de notificación á recorrente Carmen Ferrero Núñez, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de outubro de dous mil.

Ángel-Javier Martín Sánchez

Secretario