Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.247

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (66/2000).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 66/2000 se dictou a presente sentencia, co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

En Santiago de Compostela o vintetrés de xuño de 2000, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia: sentencia. Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 66/2000, seguidos neste xulgado sobre conducción sen seguro obrigatorio, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciado Alberte André Murado Lorenzo.

Que debo condenar e condeno a Alberte André Murado Lorenzo, como autor dunha falta contra a orde pública de conducción dun vehículo de motor carecendo de seguro obrigatorio, á pena de multa de dous meses, fixando o importe da cota diaria de pena de multa na contía de cincocentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo condénoo o pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de notificación a Alberte André Murado Lorenzo, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o once de outubro de dous mil.

A secretaria

Rubricado