Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.247

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada (Lugo), do departamento de Física Aplicada, a Xosé Ramón Fernández Vidal (praza 1712/1999).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resoución desta universidade do 16 de novembro de 1999 (BOE do 6 de decembro) para a provisión da praza de profesor titular de escola universitaria, da área de coñecemento de física aplicada (Lugo), do departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Xosé Ramón Fernández Vidal e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Xosé Ramón Fernández Vidal profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada (Lugo), do departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela