Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de outubro de 2000, do recadador da zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Recreativos Rías Altas, S.A. e dous máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio, fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia ós intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV - título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán pre

sentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal

da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 2 de outubro de 2000.

Nazario Villalva Montero

Recadador da zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData dilixenciaDescrición do ben

Recreativos Rías Altas, S.A.A-15.074.62822-9-2000Aval 512/1987 de 2.750.000 pesetas Crédito y Caución

Recreativos Rías Altas, S.A.A-15.074.62822-9-2000Aval 514/1987 de 250.000 pesetas Crédito y Caución

Recreativos Rías Altas, S.A.A-15.074.62822-9-2000Aval 963/1999 de 2.000.000 de pesetas Banco Mapfre