Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 3 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se convoca concurso de premios entre escolares de niveis non universitarios para a elaboración de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Por resolución conxunta do 7 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios entre escolares de niveis non universitarios para a elaboración de carteis ou debuxos e traballos de redacción sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, vista a proposta relativa á selección dos traballos presentados, procede á súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para traballos presentados en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor presentados conforme a resolución conxunta do 7 de marzo de 2000, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2000.

Mª del Pilar del Mar Pérez MarsóVíctor Tello Calvo

Directora xeral de OrdenaciónPresidente do Instituto Galego

Educativa e Formación Profesionalde Consumo

ANEXO

-Premio para o mellor traballo de redacción dos alumnos e alumnas de 3º ciclo de educación primaria:

«Consumir no século XXI», traballo colectivo presentado polos alumnos/as de 5º curso de primaria do C.P.I. Tomás de Lemos de Ribadavia (Ourense), dotado con 150.000 pesetas, das cales 65.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para os gañadores, e 85.000 pesetas serán para o centro onde cursen os seus estudios.

-Premio para o mellor traballo de redacción dos alumnos e alumnas do 1º ciclo de ESO:

O xurado, por unanimidade, ante a falta de calidade dos traballos presentados neste grupo, decidiu declarar deserto o premio.

-Premio para o mellor traballo de redacción para o nivel educativo de ensinanzas medias (formación profesional, bacharelato, COU ou 2º ciclo da ESO e novos bacharelatos):

«O mundo é consumo», do alumno Jesús Aguín Martínez, de 3º curso da ESO, do IES de Sanxenxo (Pontevedra), dotado con 200.000 pesetas, das cales 90.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico etc., para o gañador, e 110.000 pesetas serán para o centro.

Debuxos ou carteis:

-Premio para o mellor cartel ou debuxo dos alumnos e alumnas de educación infantil:

Debuxo colectivo dos alumnos de educación infantil do CEIP de Vite en Santiago de Compostela (A Coruña), dotado con 125.000, das cales 50.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para os gañadores, e 75.000 pesetas serán para o centro.

-Premio para o mellor cartel ou debuxo realizado por alumnos e alumnas do 1º e 2º ciclo de educación primaria:

Ó darse a concorrencia de dous traballos dentro deste grupo, que en opinión do xurado deberían ser premiados, e ó quedar deserto o premio destinado a Escolas de Arte, por non terse presentado ningún traballo, o xurado, por unanimidade, decidiu conceder dous premios ós carteis presentados polos alumnos/as de 3º B de primaria do Centro de Educación Primaria Doctor Fleming de Vigo (Pontevedra), e o cartel presentado por catro alumnos do curso 3º B de primaria do CEIP As Lagoas-3 de Ourense, dotados con 150.000 pesetas cada un, das que 65.000 pesetas se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para os gañadores, e 85.000 pesetas serán para os centros.

-Premio para o mellor cartel presentado por alumnos e alumnas de Escolas de Arte:

Ó non presentarse traballos dentro desta categoría, o xurado declara deserto o premio.