Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.214

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 6 de novembro de 2000 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente,

determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

Por otra banda, o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente, aprobado no Pleno o 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de dispoñe-lo cesamento dos seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do consello, polo que solicitado, pola Confederación de Empresarios de Galicia e pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente, o cesamento dos vocais designados, procede acordalo e nomea-los novos representantes propostos.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como vocais do Consello Galego de Medio Ambiente, en representación das entidades que se citan, agradecéndolles os servicios prestados:

Antonio Fontenla Ramil, como vocal titular en representación da Confederación de Empresarios.

José Benito Reza Rodríguez como vocal suplente en representación da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 2º

Designar como vocal suplente como experto/a pola área ambiental de ambiente natural do Consello Galego de Medio Ambiente, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente e en substitución do que causa baixa pola presente orde, a persoa que estaba nomeada como titular e que é a que a continuación se relaciona:

Susana Torres Brabo, como vocal suplente.

Artigo 3º

Designar como vocais titulares do Consello Galego de Medio Ambiente, en representación das entidades que se citan, en substitución dos que causan baixa pola presente orde, as persoas que a continuación se relacionan:

Antón Arias Díaz-Eimil, como vocal titular, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Carmen Juliani Aguado, como vocal titular, en representación da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 4º

Despois dos ditos cesamentos e nomeamentos, os vocais do Consello Galego de Medio Ambiente por

proposta e en representación das entidades que se citan, son os seguintes:

* Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

-Como titulares: Antón Arias Díaz-Eimil, Francisco Rodríguez García e Marcelino García-Junco Quintana.

-Como suplentes: Carlos Pérez Mosteiro, Fausto Santamarina Fernández e Severino González Álvarez.

* Como expertos/as designados/as polos órganos autonómicos sectoriais, pola área ambiental de ambiente natural:

-Como titular: Carmen Juliani Aguado.

-Como suplente: Susana Torres Brabo.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente