Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, do Departamento de Xesión do Dominio Público Hidráulico, pola que se fixan as datas e o lugar para o pagamento dos prezos xustos, fixados polo Xurado Provincial de Expropiación de Pontevedra, para os predios e bens afectados pola construcción do encoro de Caldas de Reis no río Umia, concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, na provincia de Pontevedra. (Clave OH.136.306/Expediente).

Con data do 18 de setembro de 2000, o Xurado Provincial de Expropiación de Pontevedra acordou fixa-lo prezo xusto, tramitado polo procedemento de expropiación ordinario, para varios predios e bens sitos no concello de Moraña, afectados pola construcción do encoro de Caldas de Reis no río Umia.

De acordo co sinalado no artigo 48 da Lei de expropiación forzosa e artigos 48 e 49 do seu regulamento, co fin de proceder ó pagamento do prezo xusto fixado polo xurado, sinálanse, a seguir, os propietarios, datas, horas e lugar en que se realizará este.

Expdte.Propietario e enderezoPredios (nº)DataHora

811/2000Sueiro Campos, Rita Mª384-3, 39124-11-200010 h

812/2000Redondo Diz, Gloria141, 170, 288, 289, 290, 30224-11-200010.30 h

813/2000Fariña Pisos, Samuel386-9, 390-5, 399, 40024-11-200011 h

814/2000Comunidade de Montes en Man Común do Lugar de Igrexa, parroquia de Lamas.386, 387, 388, 38924-11-200011.30

815/2000Fariña Pisos, Jaime97, 116, 147-8, 147-9, 147-10, 351, 357, 358, 381-A-124-11-200012 h

Lugar: estrada PO-221, de Caldas de Reis a Campolameiro.

Tramo: Moraña-Campolameiro.

Cruzamento: Couso-Santa Xusta, entre p.k. 4,00 e p.k. 5,00.

Concello de Moraña (Pontevedra).

Así mesmo, os interesados que asistan ó acto deberán ter en conta o sinalado no artigo 49.4º do Regu

lamento da Lei de expropiación forzosa, de acordo co previsto no artigo 3 da lei.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico