Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras da modificación número 1 do encoro de Caldas de Reis no río Umia, no concello de Cuntis. (Clave OH-136.306).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 27 de maio de 1999 o presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia aprobou definitivamente o proxecto modificado nº 1 da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 375/1996, do 11 de outubro, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este departamento no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Cuntis, e que máis abaixo se detallan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se indican, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación.

Termo municipal de Cuntis.

Lugar: predio nº 0205M.

Titular: concello comunais.

Día: 24 de novembro de 2000.

Hora: 13.30 horas.

Ó dito acto, deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento de establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o plazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte

ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico