Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación da subministración SCS-4/2000, consistente na adquisición do equipamento de moblaxe de oficina con destino ó Hospital Nicolás Peña de Pontevedra (6 lotes).

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade á adxudicación das seguintes contratacións:

Adquisición do equipamento de moblaxe de oficina con destino ó Hospital Nicolás Peña de Pontevedra (6 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-4/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de mobiliario de oficina.

c) Lote: 6 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 234, do 3 de decembro de 1999, BOE nº 289, do 3 de decembro, e DOCE S235, do 3 de decembro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincuenta e dous millóns setecentas seis mil pesetas, IVE incluído (52.706.000 pesetas, IVE incluído). 316.769,44 euros.

Lote nº 1: 18.033.000 pesetas, 108.380,51 euros.

Lote nº 2: 25.050.000 pesetas, 150.553,53 euros.

Lote nº 3: 2.325.000 pesetas, 13.973,53 euros.

Lote nº 4: 3.600.000 pesetas, 21.636,44 euros.

Lote nº 5: 1.998.000 pesetas, 12.008,22 euros.

Lote nº 6: 1.700.000 pesetas, 10.217,21 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: cadeiras.

Lote nº 2: mesas e armarios.

Lote nº 3: moblaxe a medida.

a) Data: 11 de abril de 2000.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e nove millóns oitocentas dezaoito mil seiscentas vintecinco pesetas, IVE incluído (39.818.625 pesetas, IVE incluído). (239.314,75 euros).

Lote nº 4: dotación de vestiarios.

a) Data: 11 de abril de 2000.

b) Contratista: Mecalux Estan, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón seiscentas noventa e sete mil cincocentas corenta e cinco pesetas, IVE incluído (1.697.545 pesetas, IVE incluído). 10.202,45 euros.

Lote nº 5: deserto.

Lote nº 6: audiovisuais.

a) Data: 11 de abril de 2000.

b) Contratista: Audiovisuales Codec, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón seiscentas noventa mil pesetas, IVE incluído (1.690.000 pesetas, IVE incluído). 10.157,104 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos