Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes 7/1998 e 14/1999.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 14 de xuño de 2000 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 7/1998:

Denominación: monte Serra de San Martiño (parte sur).

Pertenza: veciños da parroquia de Chao de Fabeiro.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 12,5 hectáreas.

Estremas e perímetro:

Norte: parcela convida pola comunidade de Marexe e Vilamaior coa Xunta de Galicia, e predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: predios particulares. Oeste: predios particulares.

Debido ás discrepancias existentes entre ámbalas dúas comunidades afectadas, acórdase deixar pendente a clasificación da parte norte desta parcela ata clarexa-la súa pertenza por medio de persoal técnico da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

Expediente número 14/1999:

Denominación: monte Serra do Moncaio.

Pertenza: veciños da parroquia de Fornelas.

Concello: Pobra de Brollón.

Superficie: 61 hectáreas.

Estremas e perímetro:

Norte: predios particulares da parroquia de Fornelas. Leste: predios particulares da parroquia de Fornelas e monte comunal da parroquia de Cereixa. Sur: monte Serra Pequena, Moncaio e Cornado nº elenco 2715773 pertencente á comunidade de Reigada e conveniado o 24 de xuño de 1991 coa Xunta de Galicia. Límite de termo municipal entre A Pobra de Brollón e Monforte de Lemos, e monte comunal da parroquia de Reigada. Oeste: monte comunal da parroquia da Parte, e límite de termo municipal entre A Pobra de Brollón e Monforte de Lemos.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de xuño de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo