Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes 6/1999 e seis máis.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10

de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 14 de xuño de 2000 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 6/1999: monte de Donís, ubicado no lugar de Donís, parroquia de Donís, concello de Cervantes.

Expediente número 7/1999: monte de Piornedo, ubicado no lugar de Piornedo, parroquia de Donís, concello de Cervantes.

Expediente número 8/1999: monte de Fonteferreira, ubicado no lugar de Fonteferreira, parroquia do Cebreiro, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Expediente número 9/1999: monte de Moeda, ubicado no lugar de Moeda, parroquia do Cebreiro, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Expediente número 10/1999: monte de Brimbeira, ubicado no lugar de Brimbeira, parroquia de Liñares, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Expediente número 11/1999: monte de Lousada, ubicado no lugar de Lousada, parroquia de Lousada, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Expediente número 12/1999: monte do Seixo, ubicado no lugar do Seixo, parroquia de Pacios, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de xuño de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo