Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.187

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (45/2000).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, por este edicto fai constar que nos autos de xuízo de faltas nº 45/2000, recaeu a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Sentencia

En nome de súa maxestade El-Rei, en Santiago de Compostela o 27 de abril de 2000, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia nº 45/2000, no que actuaron como partes, como denunciante María del Mar González Gómez e como denunciada María Dolores Carnero González.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a María Dolores Carnero González da falta pola que foi denunciada, con declaración das custas de oficio e con reserva das accións civís á denunciante, ás que así llelo manifesto no acto do xuízo.

Contra esta sentencia poderán interpo-las interesadas recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e se fixará o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización

poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito e para que así conste, expido e asino este testemuño en Santiago de Compostela o 6 de outubro de 2000.

O secretario

Rubricado