O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o/s debedor/es que se sinala/n na lista que se xunta. No/s devandito/s expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre o/s ben/s que aparece/n como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ó/s interesado/s malia ós intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.
Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.
Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.
O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.
A Coruña, 22 de setembro de 2000.
Nazario Villalva Montero
Recadador da zona da Coruña
ANEXO
dilixenciaInteresado NIF Data
Descrición do ben
Construcciones A. Galán Pedreira, S.L. B15169303 1-6-2000 Predio 28101 rexistro propiedade nº 3 A Coruña
Coponuca, S.L. B15329030 30-8-2000 Predio 27013 rexistro propiedade de Carballo
Metal Tella, S.L. B15461528 26-6-2000 Furgoneta Ford Courier matrícula C-7920-BH