Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.186

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000 pola que se convocan seis bolsas de colaboración e investigación do patrimonio escénico e musical galego.

A Lei 4/1989, do 21 de abril, pola que se crea o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro, indica no seu artigo 9 que corresponderá ó IGAEM exerce-las funcións de actualización do inventario e catalogación do patrimonio escénico e musical galego e informar permanentemente del.

A catalogación deste patrimonio escénico -abarca o teatro, a música e a danza- vense realizando no centro de documentación das Artes Escénicas de Galicia do IGAEM, estando na actualidade en fase de recompilación de diverso material de interese.

Sen embargo, a este labor de catalogación convén engadir puntualmente accións de investigación patrimonial para arrequece-los datos e recuperar mediante estas accións partes importantes deste patrimonio escénico e musical.

Por eso, esta xerencia convoca as seguintes bolsas de investigación.

1 bolsa de investigación e inventario dos Espacios Escénicos da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

1 bolsa de investigación e realización do Anuario das Artes Escénicas de Galicia.

1 bolsa para a actualización do inventario patrimonial do IGAEM.

2 bolsas de investigación do patrimonio musical de Galicia.

1 bolsa para a realización dun Catálogo dos Grupos de Danza Tradicional de Galicia.

Duración e dotación económica.

O desfrute da bolsa será desde a toma de posesión, a partir do mes de novembro do 2000 ata o mes de marzo do 2001 ambos inclusive.

A dotación económica de cada bolsa será de 750.000 pesetas brutas por persoa.

Requisitos dos participantes.

Os aspirantes deberán entregar unha memoria ou ficha técnica sobre o traballo que se vai desenvolver. A dita memoria e a súa metodoloxía será exposta e valorada na fase de selección.

Os requisitos xerais e particulares veñen indicados nas bases da convocatoria. Estas bases poden solicitarse ou consultarse na sede do IGAEN, Pavillón de Galicia, San Lázaro. Santiago de Compostela.

Solicitudes.

As persoas interesadas presentarán no rexistro do IGAEM, dentro dos dez días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no DOG, a documentación indicada nas bases da convocatoria e incluirá en todo caso unha memoria ou proposta técnica sobre o desenvolvemento do traballo de investigación.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán presentarse, así mesmo, por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. En Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

ANEXO

Modelo de instancia

D/Dª ... con DNI ..., de ... anos de idade, natural de ..., con domicilio habitual na rúa ..., localidade ..., provincia de ..., DP ..., teléfono ...

EXPÓN:

Que crendo reuni-los requisitos e condicións que sinala a convocatoria para a concesión da bolsa de ...

SOLICITA:

Participar na convocatoria de cobertura desta bolsa, manifestando que acepta as condicións e os compromisos que figuran na convocatoria, xuntando á

presente solicitude a documentación indicada nas bases da citada convocatoria.

..., ... de ... de 2000.

Sinatura

Presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Santiago de Compostela.