Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.187

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, que modifica a do 5 de outubro de 2000 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás pobas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Mediante Resolución do 5 de outubro de 2000 publicáronse as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B (DOG nº 199, do 13 de outubro).

Tendo en conta o número de prazas ofertadas (3) e o contido da base I.1.2. da convocatoria (Orde do 5 de xuño de 2000) non cabe reservar ningunha praza para a quenda de discapacitados.

Detectado que na publicación das referidas listas de admitidos e excluídos se inclúe unha columna na que se fai referencia a antedita quenda, procédese, de conformidade co artigo 105, da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a corrixi-lo erro detectado e polo tanto á supresión da columna correspondente á quenda de discapacitados, así como o seu contido.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública