Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, pola que se proclaman os candidatos presentados a elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan ós artesáns de cada provincia inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

A Orde do 1 de setembro de 2000, pola que se regula o procedemento de elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan ós artesáns inscritos na sección terceira do rexistro xeral de Artesanía de Galicia (DOG nº 183, do 20 de setembro) (corrección de erros DOG nº 190, do 29 de setembro), establece nos seus artigos 6 e 7 a proclamación dos candidatos e o procedemento para emiti-lo voto.

Para os efectos de proceder ás votacións conforme os anexos II e III publicados no DOG nº 190, do 29 de setembro, nun prazo de trinta días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución, esta Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas,

RESOLVE:

Proclama-los candidatos a vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan ós artesáns inscritos na sección terceira do rexistro xeral de Artesanía de Galicia:

Pola provincia da Coruña:

-Rosa Fernández Iglesias.

-Eloy Gesto Ferreiro.

-Teresa Rego González.

Pola provincia de Lugo:

-Fernando Díaz Cortiñas.

Pola provincia de Ourense:

-Ana Camba Rivas.

-Concepción Outeiriño Fernández.

Pola provincia de Pontevedra:

-Fernando José Barrios Aguilar.

-Albino Quinteiro Mora.

-María Silva Pérez.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a presente publicación; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

José Manuel González González

Director xeral de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas