Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión celebrada o dez de outubro de dous mil, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes edificables en soar situado na rúa Calvo Sotelo, esquina estrada de Pintín e outra de nova apertura, promovido por José Manuel González Parga, en representación da entidade mercantil Promociones Urbans del Noroeste, S.L.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal, os interesados podreán consulta-lo expediente e formularen por excrito as alegacións que xulguen pertinentes.

O presente anuncio servirá de notificación ós posibles propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública, para os efectos do previstos no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, en consonancia co 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Sarria, 31 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado