Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (ape-2000004799).

Neste concello tramítase a autorización para a construcción dunha edificación exenta para ampliación de bodega existente na rúa do Castelo, 59 de Pazos (Verín), por instancia de Gargalo, S.L., ó abeiro do disposto no artigo 77.3º da Lei do solo de Galicia, por tratarse dunha construcción que se situará en solo rústico polas características e esixencias da actividade.

En cumprimento do que establece o artigo 77.4º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública por prazo de vinte días, que se computarán a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, durante os que se poderá consulta-lo expediente na secretaría do concello e presenta-las reclamacións que os interesados estimen pertinentes.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde