Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de setembro de 2000, acordou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo o Plan Especial de Reforma Interior de San Cristovo de Regodeigón.

Segundo.-Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e o texto íntegro da normativa no BOP, en cumprimento do disposto no artigo 48/2ª da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de conformidade co establecido na Lei de xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998.

Ribadavia, 9 de outubro de 2000.

José Pérez Iglesias

Alcalde