Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 20 de setembro de 2000, o estudio de detalle para o desenvolvemento da unidade de execución nº 2 das normas subsidiarias municipais, promovido por Roberto Vázquez Souto e José Manuel Pazos López, en representación de Pazos Souto 2000, S.L. e redactado polo arquitecto Alfredo Rojas Temprado, visado con datas do 31 de agosto e do 6 de setembro de 2000.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Caldas de Reis, 9 de outubro de 2000.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde