Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 3 de novembro de 2000, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de movemento de terras en zona dotacional do polígono de Bergondo, ó abeiro da Orde do 25 de maio de 2000,

da Consellería de Industria e Comercio, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras nos parques empresariais recintos de licalización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: movemento de terras en zona dotacional do polígono de Bergondo.

b) Orde do 25 de maio de 2000 (DOG nº 109 do 6 de xuño) da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

c) Lugar de execución: polígono de Bergondo.

d) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.255.116 de pesetas.

5. Garantías.

a) Definitiva: 4 por 100 do orzamento base de licitación, 690.205 pesetas.

6. Obtención de documentación.

a) Concello de Bergondo (A Coruña). Secretaría, estrada Coruña, 12, 15165 Bergondo. (A Coruña). Teléfono: 981 79 12 52. Fax: 981 79 42 33.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior ó remate de presentación de propostas.

7. Prego de cláusulas administrativas que rexe o contrato.

O prego de cláusulas económico-administrativas particulares para a adxudicación de obras, mediante concurso, con procedemento aberto, aprobado polo Pleno do Concello de Bergondo, en sesión de data 13-7-2000 e publicado no BOP nº 192, do 22 de agosto.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguine ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Bergondo.

9. Data, lugar e hora de apertura das ofertas.

O terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó remate de presentación de proposicións, ás 13 horas, na Casa do Concello de Bergondo.

10. Documentación e modelo de proposicións.

Presentaranse tres sobres cerrados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego. O modelo de proposicións é o que figura no anexo II de dito prego.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 6 de novembro de 2000.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente