Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Execución do convenio subscrito polo concello con propietarios afectados polo polígono 1 da unidade de actuación nº 12 do Plan Xeral de 1985 (praza de Náutica).

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión do 15 de setembro de 2000, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Declara-la necesidade de ocupación respecto dos bens e dereitos incluídos no ámbito do polígono 1

da unidade de actuación nº 12 do Plan Xeral de 1985 e afectados pola execución dos traballos de urbanización da praza de Náutica que non aceptaron a proposta de permuta contida na providencia da Alcaldía Presidencia do 2 de marzo de 2000; a súa identificación é a seguinte:

ParcelaDescriciónRexistroPropietario

2Labrantío chamado Muíño ou Lagoa sita no lugar de San Roque de Afora, parroquia de San Pedro de Visma; o seu predio mide unha área e vinte centiáreas, ou sexa, seis cuartillos e medio dun ferrado, e linda: norte, labrantía de Alfredo Bermúdez de Castro; leste, labrantío de José Prego; oeste, labrantío de Roberto Bermúdez de Castro; e sur, labrantío de Manuel Mantiñán.Predio 3370

Folio 234

Libro 91

Sección 2ª

Carmen Mantiñán Rodríguez e os seus fillos Mercedes, Dolores, Antonia e Eduardo Seoane Mantiñán.

4Labrantío ó sitio de San Roque ou Muíño, na parroquia de Visma, de dúas áreas corenta e sete centiáreas ou trece cuartillos e medio. Linda: norte, labrantío de José Prego, e leste, sur e oeste outro labrantío de Manuel García. Encóntrase atravesado de norte a sur por un camiño de a pé.Predio 12320

Folio 92

Libro 172

Sección 2ª

Antonio Martín Rendal e Dolores Castro Domínguez.

5Labrantío chamado Lagoa, na zona de cidade escolar, de dezanove áreas cincuenta e dúas centiáreas de superficie. Linda: norte, rúa Arxentina; sur, zona expropiada pola Escola de Náutica; leste, herdeiros de José Prego, Eduardo Seoane e porción de terreo destinado a rúa; e oeste, dos herdeiros de Maceiras.Predio 81177

Folio 98

Libro 1.294

Sección 2ª

Inscrito, cun exceso de cabida sobre o descrito en título que non se recoñece

María Luisa Clara Montoro Díaz, Luisa Díaz González, Eduardo García Maceiras, Sofía Vázquez Sande, Carmen García Vázquez, Emilio García Vázquez, Luis García Prado, Eduardo García Prado, Cándido García Prado e Santiago García Prado.

6Unha décima participación na propiedade do predio que ten a seguinte descrición: labrantío chamado Tarreo do Muíño de cabida, segundo medición practicada, nove áreas dezasete centiáreas. Linda: norte, Carmen Maceiras, antes José Martínez; sur, antes Juana Roquembert, hoxe herdeiros de Antonio de la Iglesia; leste, Andrés Castro, hoxe da Escola de Náutica; e oeste, predio que foi de Vicente Parga, hoxe rúa Arxentina.Non inscritoLuis Maceiras Rodríguez.

7A terceira parte do labrantío que chaman Tarreo dos Muíños ou Sobre da Fonte na parroquia de Visma. Mide esta porción seis áreas e sesenta e dúas centiáreas igual a ferrado e medio. Confina polo norte con labrantío de Manuel de la Iglesia; sur, a outra terceira parte de Manuela Seoane Suárez; leste, camiño; e oeste, ribada que sostén outro de Manuel de la Iglesia. (...) Segrégase, aínda que cunha cabida de catro áreas cincuenta centiáreas, da invocada co número oitocentos oitenta e dous no folio cento setenta e dous do libro trece do Concello de Oza.Predio 5429

Folio 221

Libro 85

Sección 2ª

Carmen Mantiñán Rodríguez e os seus fillos Mercedes, Dolores, Antonia e Eduardo Seoane Mantiñán.

8Labrantío que chaman Sobre da Fonte ou Tarreo do Muíño na parroquia de San Pedro de Visma, termo municipal da Coruña, que mide seis áreas. Linda ó norte, labrantío de herdeiros de Manuel Seoane Suárez; sur, labrantío de Antonio de la Iglesia; leste, camiño que vai ó lavadeiro público e separa da Escola Oficial de Náutica; e oeste, rúa Arxentina.Predio 882-N

Folio 31

Libro 865

Sección 2ª

Manuel Silveira Barral e Pilar Couceiro Rodríguez.

9Unha décima participación no predio que ten a seguinte descrición: labrantío chamado Tarreo do Muíño de cabida, segundo medición practicada, nove áreas dezasete centiáreas. Linda: norte, Carmen Maceiras, antes José Martínez; sur, antes Juana Roquembert, hoxe herdeiros de Antonio de la Iglesia; leste, Andrés Castro, hoxe da Escola de Náutica; e ó oeste, predio que foi de Vicente Parga, hoxe rúa Arxentina.Non inscritoLuis Maceiras Rodríguez.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo que se traslada cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ó da súa notificación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso, no de seis meses contados a partir da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 26 de setembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda