Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 3DP/2000, polo procedemento aberto, para a subministración dunha máquina fotocopiadora dixital, tramitación segundo o artigo 171 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca o seguinte concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración dunha máquina fotocopiadora dixital.

Subministración: adquisición dunha máquina fotocopiadora dixital.

Orzamento: 3.100.000 pesetas, IVE incluído (18.631,375 euros).

Fianza provisional: non.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: os bens obxecto deste concurso público entregaranse no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica, financeira e técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o TRLCAP.

Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares e a folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña,

r/ Durán Loriga, nº 3-4ª planta, tódolos días laborables, excepto os sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 18 56 78 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 13 de outubro de 2000.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña