Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa de 1954 e consecuentes do seu regulamento, declara a urxente ocupación polo Decreto 257/2000, do 13 de outubro (DOG nº 210, do 30 de outubro) dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras construcción dunha nova ponte na estrada local de Baños de Molgas-Os Milagros. X-3910. Faráselles saber a tódolos interesados afectados por esta expropiación que no décimo quinto día háibl, no caso de coincidir en sábado, pasará

ó seguinte día hábil, contado desde a última publicación deste anuncio no diario La Región, BOP e no DOG, ás 12 na casa do concello; sen prexuízo de desprazarse ó lugar onde estean situados os bens obxecto de expropiación procederase ó levantamento de actas previas á ocupación.

Ata ese momento poderán formular por escrito as alegacións que estimen pertinentes só para os efectos de corrixir posibles erros na relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación.

Relación de bens e propietarios.

A. Propietario: Sara González Hernández e dous máis de Ourense.

Bens: 216 m. De prado, muro de 23,25 m. Árbores froito: 1, árbores madeireiras; 1, árbores madeirables novas: 14.

B. Propietaria: Sara González Hernández e dous máis de Ourense.

Bens: 286 m de prado. Árbores madeireiras novas: 24.

C. Propietarios: Sara González Hernández e dous máis de Ourense.

Bens: superficie 68 m, muro pedras soltas: 35, postes granito: 17, árbores madeireiras: 4, árbores madeirables novas: 15.

Baños de Molgas, 2 de novembro de 2000.

José Carlos Sequeiros Pérez

Alcalde