En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
b) Número de expediente: CP 09/2000.
2. Obxecto do contrato: servicios de deseño, impresión e distribución de material promocional dos programas e actividades do Igape, desagregado en 7 lotes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 133, do 10 de xullo de 2000.
5. Orzamento base de licitación: 17.250.000 ptas. (dezasete millóns duascentas cincuenta mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación en lotes:
Lote 1 (deseño e maquetación material promocional lotes 2-6): 2.500.000 pesetas, IVE incluído.
Lote 2 (impresión material promocional liñas de axuda do Igape): 2.250.000 pesetas, IVE incluído.
Lote 3 (impresión material promocional programas do Igape en materia de expansión exterior): 2.000.000 de pesetas, IVE incluído.
Lote 4 (impresión material promocional programas de bolsas e de axudas á innovación): 900.000 pesetas, IVE incluído.
Lote 5 (impresión material promocional programas do Igape en materia de investigación, desenvolvemento e innovación empresarial): 4.200.000 pesetas, IVE incluído.
Lote 6 (impresión material promocional de programas de apoio á iniciativa emprendedora): 3.400.000 pesetas, IVE incluído.
Lote 7 (almacén, mailing e distribución material promocional lotes 2-6): 2.000.0000 de pesetas, IVE incluído.
6. Adxudicación.
a) Data: 31 de agosto de 2000.
b) Contratistas e importes de adxudicación.
Lote 1.-Producciones Khartum, S.L.: 2.491.274 pesetas, IVE incluído.
Lote 2.-Plana Artes Gráficas, S.L.: 1.325.250 pesetas, IVE incluído.
Lote 3.-Offset Valladares, S.L.: 1.606.617 pesetas, IVE incluído.
Lote 4.-Offset Valladares, S.L.: 677.751 pesetas, IVE incluído.
Lote 5.-Offset Valladares, S.L.: 4.026.483 pesetas, IVE incluído.
Lote 6.-Offset Valladares, S.L.: 2.987.543 pesetas, IVE incluído.
Lote 7.-Plana Artes Gráficas, S.L.: 1.990.000 pesetas, IVE incluído.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica