Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de outubro de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente de desafiuzamento C-40-IV/76, conta 229, por ocupación sen título legal.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 9 de outubro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 60/99 (ocupación s/ título).

Expedientado: Joaquín López Varela e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Elviña 2ª fase, bloque 17, P-2, 4º A (A Coruña).

(Expediente C-40-IV/76, conta 229).