Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000 pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de incendios 229/2000-I.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de incendios: Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre incendios forestais.

Expediente: 299/00-I.

Denunciado: distribuidora de productos conxelados Disprocón.

Último enderezo coñecido: Outeiro-Bóveda, Amoeiro (Ourense).

Contido da resolución:

Data: 19 de setembro de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: escape de queima de residuos sen autorización.

Resolución: sanciona-la empresa distribuidora de productos conxelados Disprocón cunha multa de cincuenta e unha mil pesetas (51.000 ptas.).