Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-22/2000 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución, dictada pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia, estanse tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 22 de setembro de 2000.

José Luis Díaz Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-22/2000.

Denunciado: Diego Mazorra Rey; enderezo: Mantelas, 25-B Vigo.

DNI: 36.144.932.

Feitos denunciados: pescar con 2 canas nunha masa de auga habitada por reo, cando neste tipo de augas só se autoriza a pesca con unha. Feitos denunciados ás 12.10 horas do día 21 de marzo de 2000 no encoro de Eiras, do concello de Fornelos de Montes.

Data do acordo da incoación: 11-4-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 28-7-2000.

Precepto infrinxido: 33.4º, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 4.000 pesetas.

Expediente: P-71/2000.

Denunciado: Celso Rodríguez Guitiérrez; enderezo: praza Deportivo, 3 Lalín.

DNI: 34.607.491.

Feitos denunciados: pescar dúas troitas de tamaño inferior ó permitido (13,5 e 14 cm). Feitos acontecidos ás 16.30 horas do día 29 de abril de 2000, no río Deza o seu paso por Cristimil, no concello de Lalín.

Data do acordo da incoación: 12-6-2000.

Alegacións á incoación: presenta escrito no seu descargo con data do 6-7-2000.

Data da proposta de resolución: 24-7-2000.

Precepto infrinxido: 33.9º, da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 pesetas.

Indemnización: 2.000 pesetas.

Expediente: P-183/1999.

Denunciado: José Seco López; enderezo: r/ Umia, 1-2º Vigo.

DNI: 35.257.757.

Feitos denunciados: entorpece-la servidume de paso pola marxe esquerda do río Furnia, cun peche de postes e malla metálica, impedindo o paso ós pescadores. O peche aféctalle á marxe nuns 10 m aproxi

madamente. Feitos denunciados ás 16.45 horas do día 20 de novembro de 1999, no río Furnia, ó seu paso por Malvas no concello de Tui.

Data do acordo da incoación: 24-1-2000.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 10-5-2000.

Precepto infrinxido: 34.27º, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un período de 1 ano e retirada do peche da zona de servidume do río.