Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador P-45/2000 e sete máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 22 de setembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 45/2000.

Denunciado: Luciano Gómez Abal; enderezo: Sta. Mª Paradela-Meis.

DNI: 35.466.626.

Feitos denunciados: pescar estando inhabilitado para obte-la licencia de pesca, no couto de Pontearnelas onde está prohibida a pesca ata o 7 de maio. Feitos denunciados ás 16.45 horas do día 24 de marzo de 2000, no río Umia, ó seu paso por Seixas-Penaboi (Paradela), do concello de Meis.

Data do acordo da incoación: 24-5-2000.

Precepto infrinxido: 33.9º e 35.17º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 e 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 550.000 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desa actividade durante 1 ano e 1 día.

Expediente: 73/2000.

Denunciado: Fomento Hispania, S.A.: enderezo praza de Colón, 1 Madrid.

DNI:

Feitos denunciados: non ter instaladas as reixas regulamentarias na entrada da canle de toma nin na saída da canle de restitución e carecer de dispositivo de control da canle derivada no inicio da canle de abastecemento.

Non liberar a pé de presa o caudal ecolóxico mínimo establecido (só se liberan como moito 50 l/s). Feitos denunciados ás 10.15 horas do día 11 de abril de 2000, no río Toxa, en Pazos do concello de Silleda.

Data do acordo da incoación: 12-6-2000.

Precepto infrinxido: 34.16º, 35.13º e 36.3º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34, 35 e 36 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 6.000.000 de pesetas e adecua-la instalación ó prescrito no Decreto 130/1997.

Expediente: 82/2000.

Denunciado: José Bandín Duro; enderezo: San Miguel de Barcala, 7 A Estrada.

DNI: 52.472.446.

Feitos denunciados: corta de árbores non autorizadas en zona de ribeira; cando foi sorprendido estaba cortando 2 carballos de 40 cm de diámetro e 8 m de alto. Feitos denunciados ás 11.15 horas do día 5 de abril de 2000 no río Ulla, o seu paso por Bumio do concello da Estrada.

Data do acordo da incoación: 14-6-2000.

Precepto infrinxido: 34.22º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas.

Indemnización: 127.494 pesetas.

Inhabilitación: para obter-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante 1 ano.

Expediente: 87/2000.

Denunciado: Antonio Gómez Rodríguez; enderezo: Camiño da Costa, 59 Lalín.

DNI: 33.182.782.

Feitos denunciados: capturar 4 troitas de menor dimensión da permitida (14 cm) non devolvéndoas ó río inmediatamente. Feitos acontecidos ás 12.30 horas do día 11 de maio de 2000, no sitio Gabieiras, lugar Alceme, no concello de Rodeiro.

Data do acordo da incoación: 14-6-2000.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 pesetas.

Indemnización: 6.000 pesetas.

Expediente: 88/2000.

Denunciado: Pedro Rial Álvarez; enderezo: avda. Castelao, 56-12 c Vigo.

DNI: 36.076.838.

Feitos denunciados: pescar no couto de Gondomar sen o correspondente permiso e negándose a identificarse e con ameazas, tendo que chama-los axentes locais para a súa identificación. Feitos acontecidos ás 11.20 horas do día 7 de maio no río Miñor, ó seu paso por Rasas, no concello de Gondomar.

Data do acordo da incoación: 14-6-2000.

Precepto infrinxido: 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 60.000 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividad durante 1 ano.

Expediente: 104/2000.

Denunciado: Manuel Miras Álvarez; enderezo: rúa Travesa-Marantes-A Coruña.

DNI: 33.276.761.

Feitos denunciados: pescar con cebo non autorizado (miñoca) en augas habitadas por salmón, no río Ulla ó seu paso por Remesquide, no concello de Vila de Cruces. Feitos denunciados ás 12.30 horas do día 7 de maio de 2000.

Data do acordo da incoación: 24-8-2000.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 20.000 pesetas.

Expediente: 112/2000.

Denunciado: Felipe Sánchez Torres; enderezo: Sta. Clara, 29-3º esq. Pontevedra.

DNI: 35.285.883.

Feitos denunciados: pescar carecendo licencia de pesca e en tramo vedado, no río Lérez-Cutián ata o 7 de maio. Feitos acontecidos ás 20.20 horas do día 5 de maio de 2000.

Data do acordo da incoación: 31-8-2000.

Precepto infrinxido: 34.10º e 34.6º da Ley 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Ley 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 55.000 pesetas.

Inhabilitación: para obter-la licencia de pesca e para o exercicio desa actividade durante 1 ano.

Expediente: 124/2000.

Denunciado: Manuel Lorenzo Boullosa; enderezo: Chaín, 3 Pontecaldelas.

DNI: 35.282.816.

Feitos denunciados: capturar seis troitas de tamaño inferior ó mínimo autorizado (catro de 14 cm, unha de 13 cm e outra de 12 cm). Feitos denunciados ás 12.40 horas do día 9 de maio de 2000, no río Oitavén-Couto de Eiras, no concello de Fornelos de Montes.

Data do acordo da incoación: 29-8-2000.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 pesetas.

Indemnización: 6.000 pesetas.