Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-164/1999 e sete máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolucion será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince dias contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181, da Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse unha vez pagada a contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 22 de setembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 182/1999.

Denunciado: Teodoro Represas Gómez; enderezo: Cernada-Vincios-Gondomar.

DNI: 36.049.262.

Feitos denunciados: cortar árbores de ribeira do río sen o preceptivo permiso (7 ameneiros), deixando tódolos restos no medio do río. Feitos denunciados ás 18 horas do día 6 de novembro de 1999, no río Zamáns, ó seu paso por Cernada-Vincios, do concello de Gondomar.

Data do acordo da incoación: 7-2-2000.

Data do acordo da proposta: 12-5-2000.

Proposta: sancionar a Teodoro Represas Gómez con multa de 55.000 pesetas, indemnización de 78.569 pesetas e unha inhabilitación dun ano.

Alegacións á proposta: presenta escrito no seu descargo o día 10-3-2000.

Feitos probados: corta árbores de ribeira sen o correspondente permiso.

Precepto infrinxido: 34.22º.27 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 55.000 pesetas.

Indemnización: 78.569 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante 1 ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Expediente: 164/1999.

Denunciado: Manuel Somoza Borrajo; enderezo: Monte, 60-Sanguiñeda-Mos.

DNI: 76.685.507.

Feitos denunciados: pescar a fondo con tres canas, utilizando cebo prohibido (miñoca). Feitos denunciados ás 12 horas do día 22 de agosto de 1999 no río Tea, lugar Fillaboa do concello de Salvaterra de Miño.

Data do acordo da incoación: 29-10-1999.

Data do acordo da proposta: 25-2-2000.

Proposta: sancionar a Manuel Somoza Borrajo con multa de 21.000 pesetas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar utilizando tres canas e utilizando cebo prohibido.

Precepto infrinxido: 33.4º.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 21.000 pesetas.

Expediente: 12/2000.

Denunciado: Antonio Mato Pazos; enderezo: avda. Fonteculler, 33-2º dta. A Coruña.

DNI: 32.420.106.

Feitos denunciados: pescar no encoro de Portodemouros con culleriña fóra do período hábil de salmónidos. Feitos denunciados ás 19.25 horas do día 18 de marzo de 2000.

Data do acordo da incoación: 7-4-2000.

Data do acordo da proposta: 16-5-2000.

Proposta: sancionar a Antonio Mato Pazos con multa de 20.000 pesetas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar en encoro de Portodemouros con culleriña fóra do período hábil.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 20.000 pesetas.

Expediente: 20/2000.

Denunciado: Manuel González Represas; enderezo: Pereiras-Barrio Casal, 43 Mos.

DNI: 36.030.324.

Feitos denunciados: pescar con 2 canas nunha masa de auga habitada por reo, cando neste tipo de augas

só se autoriza a pesca con unha. Feitos denunciados ás 11.35 horas do día 28 de marzo de 2000 no encoro de Eiras, do concello de Fornelos de Montes.

Data do acordo da incoación: 11-4-2000.

Data do acordo da proposta: 1-6-2000.

Proposta: sancionar a Manuel González Represas con multa de 4.000 pesetas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar con 2 canas nunha masa de auga habitada por reo.

Precepto infrinxido: 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 4.000 pesetas.

Expediente: 29/2000.

Denunciado: Antonio Corbacho Fernández; enderezo: Bº Insua, 55 Pontecaldelas.

DNI: 35.236.832.

Feitos denunciados: pescar con 2 canas nunha masa de auga habitada por reo, cando neste tipo de augas só se autoriza a pesca con unha. Feitos denunciados ás 11.20 horas do día 26 de marzo de 2000 no encoro de Eiras, do concello de Fornelos de Montes.

Data do acordo da incoación: 11-4-2000.

Data do acordo da proposta: 16-5-2000.

Proposta: sancionar a Antonio Corbacho Fernández con multa de 6.000 pesetas.

Alegacións á proposta: no presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar con 2 canas nunha masa de auga habitada por reo.

Precepto infrinxido: 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 6.000 pesetas.

Expediente: 48/2000.

Denunciado: José Rodríguez Abades; enderezo: Goris, 22 Lamela-Silleda.

DNI: 76.821.173.

Feitos denunciados: pescar en tramo vedado do río Deza ata o 7 de maio. Feitos denunciados ás 20.15 horas do día 30 de marzo de 2000, no río Deza, ó seu paso por Piñeiro, no concello de Silleda.

Data do acordo da incoación: 24-5-2000.

Data do acordo da proposta: 28-6-2000.

Proposta: sancionar a José Rodríguez Abades con multa de 20.000 pesetas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar en tramo vedado do río Deza.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 20.000 pesetas.

Expediente: 96/2000.

Denunciado: Eugenio Molina Rodríguez; enderezo: Moa, 34 Merza-Vila de Cruces.

DNI: 35.252.891.

Feitos denunciados: pescar con dúas canas en masas de auga habitadas por salmón. Feitos denunciados ás 11.15 horas do día 7 de maio de 2000, no río Deza ó seu paso por Merza, do concello de Vila de Cruces.

Data do acordo da incoación: 22-6-2000.

Data do acordo da proposta: 28-7-2000.

Proposta: sancionar a Eugenio Molina Rodríguez con multa de 4.000 pesetas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar con dúas canas en masas de auga habitadas por salmón.

Precepto infrinxido: 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 4.000 pesetas.

Expediente: 24/2000.

Denunciado: Antonio Novoa Martínez; enderezo: Tourón, 13 Pontecaldelas.

DNI: 35.281.716.

Feitos denunciados: pescar con 2 canas nunha masa de auga habitada por reo, cando neste tipo de augas só se autoriza a pesca con unha. Feitos denunciados ás 9.40 horas do día 26 de marzo de 2000 no encoro de Eiras, do concello de Fornelos de Montes.

Data do acordo da incoación: 11-4-2000.

Data do acordo da proposta: 30-6-2000.

Proposta: sancionar a Antonio Novoa Martínez con multa de 4.000 pesetas.

Alegacións á proposta: presenta escrito no seu descargo con data do 23-5-2000.

Feitos probados: pescar con dúas canas en masas de auga habitadas por reo.

Precepto infrinxido: 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 4.000 pesetas.